Convocatoria de axudas a Bandas de música, charangas, agrupacións corais, grupos de música...

XL
Convocatoria de axudas a Bandas de música, charangas, agrupacións corais, grupos de música...

A Deputación aproba a concesión de máis de 370.000 en axudas para cooperación e cultura

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, reunida esta mañá baixo a presidencia de Manuel Baltar, acordou a concesión de máis de 370.000 euros en axudas para iniciativas de cooperación con entidades e concellos e para no ámbito da cultura, capítulo este último onde se aprobaron as bases para a convocatoria de subvencións dirixidas ao fomento de actividades escénicas e musicais.

Cun orzamento de 90.000 euros, os beneficiarios destas axudas á cultura poderán ser

bandas de música ou gaitas, agrupacións corais, tunas, orquestras, grupos de música tradicional, folk, pop, rock, jazz ou clásica, grupos de teatro, de danza tradicional, galega, ballet clásico ou contemporáneo, solistas, intérpretes, espectáculos de maxia e humor, ou calquera outra actividade análoga.

As bases, que inclúen unha mención explícita ao cumprimento da normativa sanitaria contra a COVID-19, fixan o custo total de cada actuación e modalidade entre os 900 e os 600 euros, sinalando que nos casos de bandas de música, gaitas ou charangas engadirase unha contía en función do número de membros. As subvencións alcanzarán o 50 % do custo total de cada actuación.