Baltar acolle un festival solidario de Nadal

baltarnadal
Baltar acolle un festival solidario de Nadal

O evento terá lugar na Igrexa de Baltar o día 30.

O Concello de Baltar xunto coa Asociación Gaiteiros "da Raia" organizan, o vindeiro día 30, a partir das 20 horas, o "Festival Solidario Nadal 2016". O evento terá lugar na Igrexa de Baltar e na súa organización colabora a Parroquia de San Bartolomé de Baltar.

Ademáis da actuación dos Gaiteiros da Raia, tamén estarán presentes –como colaboradores– os Gaiteiros da Raia (banda B), o Coro Aimil Folc, As Xeitosiñas e o gaiteiro máis antigo da Limia en activo.

Para poder asistir non prezo de entrada determinado, senon que se solicita un donativo voluntario de alimentos non perecedoiros para entregar aos bancos de alimentos.

Dende o consistorio animan a veciños e visitantes a "participar e a colaborar sendo xenerosos e aportando alimentos para os colectivos máis necesitados".