10 persoas máis para limpeza e mantemento

B0B3779limpieza-menos-1000x667
10 persoas máis para limpeza e mantemento

Co finanzamento case total da Xunta de Galicia, dentro dos programas para persoas con risco de exclusión

Durante sete meses a partir de finais desta semana o Concello de Xinzo contará con 10 operari@s máis que axudarán nas labores de limpeza e mantemento. Estas dez persoas entran a traballar coas brigadas do concello, pero o seu custe será case do 100% da Xunta, onde aportación do Municipal será de 2.355,10€, dentro dos plans que a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Concello de Xinzo sempre participa destes plans para persoas que están cobrando a RISGA.

REFORZAMENTO DA LIMPEZA EN VARIOS LUGARES

Unha destas persoas dedicarase a reforzar a limpeza de edificios municipais. Dúas delas farán o seu traballo, tanto nas instalacións da Moreira como das instalacións das piscinas exteriores.

O servizo ao cal reforzarán máis persoas será o da limpeza viaria da vila,con tres persoas; así como a limpeza dos pobos do Concello aos que se destinan catro persoas do grupo de 10.

Con estas persoas que se incorporan a estes traballos de mantemento e limpeza, o Concello, pensa, e a vez desexa que a limpeza e mantemento cada vez sexa mellor, aínda que para elo solicita tamén a colaboración de todos os veciños e veciñas. A mesma vez congratúlase de poder votarlle unha man a estas persoas en risco de exclusión, coa colaboración dos programas da Xunta de Galicia