Colapso no PAC de Xinzo esta mañá

Imaxe do estado do coche despois do sinistro
Colapso no PAC de Xinzo esta mañá

A ambulancia do 061 tardou 45 minutos en chegar a un accidente

Esta mañá foi moi movida para os facultativos do PAC de Xinzo por ter varios incidentes graves esta mañá, necesitando a intervención de varias ambulancias e ata o H4.

IMG-20230911-WA0007
Ambulancia que finalmente chegou ao sinistro

No accidente en Solveira, segundo os veciños que avisaron ao 061 tardaron 45 minutos en chegar unha ambulancia. Precisamente a que interveu no accidente de dúas persoas maiores que quedaron atrapadas dentro de vehículo, tivo que vir dende Celanova.

Cando as forzas de seguridade e Protección Civil de Xinzo, chegaron ata o coche accidentado, os veciños, co ánimo de socorrer, xa sacaran aos feridos do coche, cousa que nunca se debe facer.

Unha das persoas que ía no coche sinistrado tivo que ser trasladada ata o centro hospitalario de Ourense.