Usuarios do centro social de Xinzo comezaron onte a súa peregrinación a Santiago

Saída dos peregrinos da praza Carlos Casares
Usuarios do centro social de Xinzo comezaron onte a súa peregrinación a Santiago
No primeiro tramo foron acompañados pola alcaldesa Elvira Lama

Máis de medio cento de usuarios do centro social de Xinzo, pertencentes á Asociación de Sendeiristas da Limia, comezaron esta mañá a súa peregrinación a Santiago de Compostela. A primeira etapa iniciouse neste concello e rematou en Allariz. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañou aos camiñantes nos seus primeiros pasos ata a saída da localidade. Camiñarán todos os mércores e regresarán de volta a Xinzo de Limia ao rematar cada etapa. Serán un total de oito. Para facelo posible, o Concello realiza unha aportación económica.

Saída dos peregrinos da praza Carlos Casares
Primeiros metros polo camiño da Prata