Mal comezo de liga para os equipos limiaos da 1ª Autonómica
Repasamos a pasada xornada dos conxuntos da comarca, nas divisións rexionais
REDACCIÓN
A liga comezaba o domingo para os equipo de Primeira Autonómica. E con derrota iniciou o Boado a súa nova andadura como equipo de Primeira, caeu fronte ao Monterrei no Rozavales por 1 a 2.
Conto parecido foi o que lle sucedeu ao Antela F.C., quen tamén perdía, pero en campo forasteiro, por 1 a 0 contra o Verín. Ben é certo que o campionato acaba de empezar, e que aínda hai moitos encontros por disputar, pero os equipos limiaos non comezan o curso con moi bo pé.
Tras a primeira xornada de liga, o pasado domingo día 1 de setembro, a clasificación do Grupo 4 da Primeira División Autonómica queda desta maneira:
Segunda Autonómica
A pasada fin de semana deu comezo tamén a Segunda Autonómica, na que atopamos tres conxuntos da Baixa Limia: Bande, Muíños e Entrimo. Os tres iniciaron a liga fora da casa, e sen ningunha derrota.
O Bande venceu ao Xunqueira o sábado, por 2 goles a 4. Muíños e Entrimo empataron con Viana e Sande respectivamente, por 2 a 2 e 1 a 1.
Así está a clasificación do Grupo 10 da Segunda Autonómica: