ALUMNADO DE BACHARELATO DO IES LAGOA DE ANTELA VISITAN A OBRA ARTISTICA DE BARTOLOMEU NOSENDE E FRANCISCO DE MOURE

foto 3
ALUMNADO DE BACHARELATO DO IES LAGOA DE ANTELA VISITAN A OBRA ARTISTICA DE BARTOLOMEU NOSENDE E FRANCISCO DE MOURE
A Igrexa, de estilo entre o tardogótico e renacentista, foi construída "antes de 1520", polo Mestre de Canteria Português, Bartolomeu Nosende

O xoves, 8 de Abril, os guías oficiais Noemi e Manuel, realizaban outra visita guiada á igrexa de SantoEstevo, promovidas polo concello de Sandiás en colaboración coa parroquia e subvencionadas pola AxenciaGalegadeTurismo. Complementouse a visita con anécdotas e curiosidades que foi debullando o párroco D.Manuel.

foto 2

A Igrexa, de estilo entre o tardogótico e renacentista, foi construída "antes de 1520", polo Mestre de Canteria Português, Bartolomeu Nosende. O templo conserva no seu interior o retablo renacentista de FranciscodeMoure, as portas manuelinas da fachada principal (Oeste) e lateral (Norte) e unha fermosa bóveda de cruzaría xa renacentista.

Completa o conxunto un expléndido cruceiro asentado sobre plataforma de grada, con capitel formado de follas de acanto e iconografía co Cristo crucificado e a Virxe das angustias coas espadas cravadas sobre o peito.

foto 1