O son de Trives acompañou ao Meco no seu “via crucis” entroideiro

IMG_9308
O son de Trives acompañou ao Meco no seu “via crucis” entroideiro
O folión “Os labregos” marcou o paso da comitiva que recorreu Xinzo desde a Praza de Oriente á Maior  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Hoxe soaron...

O folión “Os labregos” marcou o paso da comitiva que recorreu Xinzo desde a Praza de Oriente á Maior 

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Hoxe soaron en Xinzo tambores de Entroido. O ritmo do folión “Os labregos” de Trives, foi a banda sonora da procesión do Meco.

Unha perfecta simbiose do culto a Don Carnal. A máis famosa manifestación do Entroido de Trives, marcando o paso nunha das tradicións entroideiras máis antigas da Limia. Convivencia, e paixón por un mesmo sentimento.

Se queres ver máis fotos da Procesión do Meco, preme aquí, de seguro apareces en algunha!