100.000 € de subvención a Sandiás da Deputación Provincial
O Concello de Sandiás vén de recibir varias subvencións da Deputación Provincial de Ourense.. A Deputación é unha das tres institucións que aportaba 80.000 euros. En total aportará 110.000 euros.
A segunda subvención ten que ver coa iluminación das aldeas de A Corga e A Ladeira cun importe de 17.489,70 Euros, o que supón a quinta fase de instalación da iluminación pública noutras dúas aldeas con tecnoloxía led. O Concello xa leva invertido neste plan 240.000 euros renovando preto de 700 puntos led en prácticamente tódalas aldeas do concello. Con esta nova tecnoloxía LED o concello adapta de xeito progresivo as instalacións á normativa vixente e aos niveis de iluminación regulamentarios, gana en sustentabilidade ambiental, na mellora da eficiencia enerxética e nun significativo aforro económico que se poderá destinar a outros proxectos sociais e de servizos do concello.

A terceira subvención está destinada a Urbanización da rúa Soutopenedo en Vilariño das Poldras cun aporte de 48.000 euros e que inicia a terceira e última fase das obras. No mes de Agosto de 2021 deu comezo a primeira fase cun orzamento de 48.000 Euros. Non mes de Xaneiro de 2022 comezou a segunda fase das obras cun orzamento de 48.000 euros. O total contando coa subvención da terceira fase é de 144.000 euros. O obxectivo desta actuación foi principalmente mellorar o pavimento e a renovación das tubaxes de rede de sumidoiros e auga potable para lograr unha mellor calidade do servizo á poboación e satisfacer a demanda existente. Culminarase, como consecuencia das obras, co alfaltado da estrada que percorre a parte do pobo correspondente.