O Esquecemento 2017 na súa recta final
Do 18 ao 20 de agosto en Xinzo
Hoxe fíxose na consistorial de Xinzo a presentación da XVII Festa do Esquecemento que comezará o venres da vindeira semana 18 de agosto e rematara o domingo 20.
Coa presenza do alcalde Antonio Pérez e dos concelleiros de festexos Luís M. Gil e o de Turismo Carlos Gomez,así como membros da nova directiva de Civitas e da propia organización da festa.
CONDICIONAL DENDE O CONCELLO
Abriu o acto o alcalde para agradecer aos organizadores da festa a súa adicación, sen a cal estes eventos non teñen futuro e para remarcar o apoio incondicional do concello e das concellerías correspondentes a una festa que xa forma parte do extenso programa cultural que o Concello desenrola directamente ou ben axuda, como é o caso cunha achega económica directa e con traballos que fai o propio concello con persoal que segundo avanzou Luís M. na súa intervención rondará os 11.000 € en total.
Insistiu temen o alcalde na colaboración a hostalaría e comercios, sen a cal tampouco se podería levar a cabo a festa.
CIVITAS LIMICORUM AGRADECE A COLABORACIÓN INSTITUCIONAL E A DOS COMERCIOS E HOSTALERÍA
Tomou a continuación a palabra un representante da coordinadora para agradecer a colaboración económica principalmente do Concello e da Deputación así como da Xunta de Galicia, e por suposto ao comercio local, grazas o cal os obxectivos de recadación de 25.000 € están a piques de conseguirse.
Adiantou que este ano haberá algunha que outra novidade destacando una nova escenificación as 12 da noite do sábado no río, no mesmo sitio que o paso que se fará como de costume o domingo a tarde.
POSIBLEMENTE SE POIDA FACER FOGO NO CAMPAMENTO
Outra das novidades, aínda pendente dos últimos informes, pode ser a posibilidade de poder facer lumen as distintas casetas castrexas. Esperan que todas as autorizacións estean en regra para ese día.
Rematou o acto o Concelleiro de Cultura, Luís M. Gil para agradecer outra vez o esforzo desta xente nova da que aposta a que xa está nestes momentos pensando na edición do ano 18 porque esta téñena xa totalmente artellada. Remarcou tamén o apoio total por parte do Concello e agradeceu tamén o comercio e hostalaría a colaboración económica que fai que esta festa continúe a ser xa un referente na provincia no mes de agosto.