O petardazo comezará con case dous minutos de atraso
12:45 01/02/20
12:45 01/02/20
Esta noite na praza Carlos Casares
Todo está preparado para que esta noite cando sexan as 00:02 comece o ENTROIDO 2020 co xa “tradicional” petardazo dende o balcón municipal.
A única pega é que cando se puxo en marcha o reloxo que marca o inicio da festa, non se atinou ben e leva case dous minutos de atraso. Todo o entroido ten que ter a súa anécdota e o de este ano será que a espera será un pouco máis longa.
Polo resto, o tempo en canto a climatoloxía parece que non da chuvia e a temperatura parece ser que as predicións son de unha noite non moi fría.