Desta vez, si podemos dicir que o regadío vai adiante (Amador Díaz)
Hoxe firmouse na Coruña o compromiso por parte das dúas administracións( Estado e Xunta)
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co delegado do Goberno en Galicia e co presidente da Sociedad Mercantil Estatal de Infraestructuras Agrarias-Seiasa. A reunión asistiron Julio Montero, Manuel Gómez, Amador Saburido e Amador Díaz, como representantes das comunidades de regantes de San Salvador de Sabucedo (Porqueira), Lamas Ganade, Corno do Monte e Alta Limia.

Amador Díaz representante dunha das comunidades de regantes a vez que Presidente da Asociación de produtores de pataca destacaba a importancia desta reunión levada a cabo na Delegación do Goberno en Galicia coa presencia do Conselleiro de Medio Rural e o Delegado de Goberno, no sentido en que a partir de hoxe podemos dicir que o regadío vai adiante. Foron moitos os anos que levamos loitado por este proxecto e por fin vemos o fin do túnel. Neste momento xa está asinado o compromiso das dúas institucións que aportarán os orzamentos necesarios para levalo a cabo.

MAIS DE TRES MILLÓNS APORTARÁN OS AGRICULTORES
Tamén os agricultores das catro comunidades teremos que aportar o 20% do investimento total que superará os tres millóns de euros.
A partir de hoxe podemos dicir que o regadío vai adiante
Trámites pendentes e necesarios
O conselleiro sinalou que o inicio destas obras está unicamente pendente das preceptivas autorizacións por parte da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, polo que reiterou a petición ao Goberno do Estado para que axilice os trámites necesarios.
Segundo indica Amador, tal e como van de adiantados esperan que os informes positivos do Ministerio da comunidade de Lamas Ganade estean asinados en 30 días e os das outras tres noutros trinta máis.