O alumnado do CEIP Rosalía de Castro visita a mostra sobre a enerxía e o consumo responsable
Alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, achegáronse ata a exposición "Energytruck"na xornada do xoves. No interior do camión situado na praza Carlos Casares, os máis pequenos poideron descubrir cal é o consumo responsable da enerxía.
Un grupo de nenos e nenas de cuarto de primaria gozaron dunha experiencia lúdica a base de talleres prácticos sobre enerxías renovables e concienciación de aforro enerxético.
A mostra que recorre toda a xeografía galega, fíxose co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento educativo, ambiental e cultural da sociedade. Foi deseñada polo museo da fundación Gas Natural Fenosa.
"Energytruck" preséntase no interior dun camión de 70 metros cadrados que inclúe contidos audiovisuais, interactivos e multimedia xunto con paneis informativos. O proxecto inclúe tamén a oferta de talleres e actividades pedagóxicas participativas da man de educadores especializados que divulgarán coñecementos de ciencia e tecnoloxía.