María Ángeles Martínez concelleira de Servicios Sociais

Mª Ángeles Martínez
María Ángeles Martínez concelleira de Servicios Sociais

A xente non sabe o gran traballo que se fai en Servicios Sociais. Temos que facelo visible

En tan solo unha semana escasa, María Ángeles xa ten un coñecemento bastante amplo de todo o que se está a levar a cabo dentro da área de Servicios Sociais, que é a que ela pensaba en escoller, si fora concelleira do equipo de Goberno, e así foi. Temos que dicir que unha das características que definen a nova concelleira é que no seu rostro sempre ten un sorriso, que para este servicio, no que terá que escoitar a moitos usuarios que lle veñan a pedir, despois de pasar polos técnicos, ou ven a protestar, será ven acollido polas persoas.

Por que Servicios Sociais e non outra concellería?

20230628_102403

Non o collín porque soubera moito disto, que non, pero si estou moi metida no movemento de asociacións de mulleres rurais os temas sociais non me son alleos, por moitas circunstancias persoais e veciñais. Teño moita ilusión e moitas gañas.

Ángeles colleu este departamento con moita moita ilusión e gañas, que entendo que é importantísimo a hora de pórse a facer algo. O resto xa o poñen os técnicos, que segundo puiden percibir na charla de traballo que tiven con case todos, fáltame o Xé, puiden comprobar a cantidade de traballo que realizan, e non solo nas horas de oficina, se non pola tarde e en certos casos de noite.

Precisamente neste tema creemos que a opinión dos veciños non é a mesma.

Efectivamente, ese será un dos retos que deberíamos conseguir neste mandato, que se visualice polos veciños e veciñas o traballo que fan en todos os departamentos de servicios Sociais, que de verdade é moito.

Cales foron as primeiras peticións dos traballadores?

Precisamente o que me solicitaron foron cousas para mellorar os servicios. Mobiliario para poder gardar toda a documentación e unha persoa que poida atender as chamadas, unha persoa auxiliar para que faga a segunda parte dos servicios administrativos. Cando están atendendo a un usuario e teñen que responder as chamadas e Isto melloraría o servicio bastante. E por último, que non nesa orde, novos equipos informáticos , posto que estes xa están moi vellos.

2

Datos representativos do servicio

Realmente aínda estou póndome ao día, e por outra banda, aínda que xa os teño, hei de confesar que toda esa información de datos, que xa teño recollida, atópase no meu coche, porque aínda non teño un despacho para poder tela a man, e de memoria non quero dar datos que despois non sexan exactos.