Andaina e manifesto polo 25N en Xinzo
A praza Maior foi o escenario de partida e chegada así como o lugar escollido polo concello para celebrar as xornadas programadas para hoxe domingo dentro da campaña XINZO EN MARCHA CONTRA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Medio cento de veciños e veciñas se deron cita na praza Maior para coller o avituallamento de froita e de “bragas” para combater o frío da mañá e dispoñerse a percorrer os sete Km urbanos dos que contaba a andaina reivindicativa.
A mesma non faltou “bonito” que tamén se enfundou a súa ao igual que o seu dono.
Unha vez rematada a andaina e unha vez repostados os folgo cun café quente nos distintos bares da propia praza, comezou o acto de lectura do manifesto ao cal se uniron, como espectadores membros do equipo de goberno e da oposición.