Faltan 12 meses

Foto arquivo
Faltan 12 meses
En 10 meses saberemos quenes forman as listas as alcaldías

Dende fai un par de semanas tiña pensado comezar unha serie de artigos mensuais, posto que como todos sabemos faltan solo 12 meses para as eleccións municipais.

Parece que fai pouco tempo que se formou o goberno cuatripartio no concello de Xinzo. Goberno, do que moitos apostaban a que pouco duraría, e outros opinábamos que estarían os catro anos, e bueno, desta vez acertei. O meu argumento non era outro que aínda con sensibilidades distintas, algunha enfrontada, tiñan un obxectivo común que faría de nexo de unión, (que non gobernase o PP) ata nos momentos duros, que os houbo, con ameazas de rotura, pero todo hai que dicilo despois de 3 anos, cunha paciencia infinita por parte de Elvira, paciencia que noutras ocasións non mostrou.

PISTOLETAZO DE SAÍDA

Dicía que fai unhas semanas que ía comezar esta serie, pero non encontraba o día. Pero a partir deste venres, a cuestión acelerouse.

O venres 13, sería por iso das “bruxas” o BNG comezou a súa campaña electoral de cara ao ano que ven. Comezaron os “Vermús do BNG”, consistentes en percorrer os pobos do ceoncello e preguntar a xente cales son as súas carencias e peticións, como fixeron todos os partidos comezando polo PP nos anos 2000, supoño que a mesma hora, despois da misa.

Neste momento sáltame a cabeza unha pregunta, van a tomar o vermú polas aldeas do concello para falar cos veciños, pero....fóronos visitar durante estes tres anos de lexislatura algunha vez?.

Pois iso, que a campaña comezou de certo, e claro, cun goberno cuatripartito, haberá que ir separándose un pouco en pequenas accións para que o “pobo” vexa de cara ao ano que ven as diferencias entre eles.

Montse Lama (A concelleira virtual)

Elvira, Amador, Ramiro, Manolo, Montse, ¡perdón, esta non!.(esta converteuse en concelleira virtual.Carlos, Toni, Loli...xa veremos quen toma a saída no PP, ou na lista alternativa, da que se leva falando nos “corrillos” políticos nas últimas semanas.

Pois así está a situación neste momento, o sábado a tarde, xa saltaron chispas, na feira das Mozas, que deica pouco provocaron un incendio político, pero diso falaremos ao longo da semana.

L.V.