Máis de 125 nenos e nenas participarán nos campus de ximnasia e fútbol
15:57 28/06/17
15:57 28/06/17
Ditos campus teñen lugar nas instalacións do Pavillón Municipal e A Moreira.
Segundo informan dende o consistorio municipal da capital da Limia, máis de 125 rapazas e rapaces participarán nos Campus de Ximnasia e Fútbol que o club E. D. C. Xinzo organizou para esta semana en colaboración ca propia institución local.
Os campus estarán dirixidos por Sandra Alén –ximnasia– e David Carnero –fútbol–,e contarán con monitores de ocio e tempo libre titulados. Ditos campus teñen lugar nas instalacións do Pavillón Municipal e A Moreira.