1500 € en premios máis dous accesis

CONCURSO DE DOCES TÍPICOS DE XINZO DE LIMIA
1500 € en premios máis dous accesis

No primeiro concurso de doces organizado polo concello de Xinzo

O Concello de Xinzo convoca un concurso gastronómico para elaborar un postre típico da vila, baseado nunhas receitas tradicionais que o abade da Parroquia de Santa Mariña de Xinzo Don Bernardo Antonio González, escribiu, no século XIX, no libro de fábrica (libro administrativo a modo de diario económico da parroquia) nuns apuntes que recollían receitas para realizar lambetadas, cecais para os días de festa ou para visitas notábeis. nas que explicaba entre outras o método de facer “barquiños” e “manteigadas” .

O Obxectivo do Concurso pretende dotar a Xinzo de Limia dun doce propio baseado nestas receitas tradicionais, a xeito de “Manteigadas Limiás” ou “Barquiños Antelanos”

O Concurso, fallarase o 18 de Xullo festa de Santa Mariña nun SHOW COOKING contando para elo cunha dotación de 1.500€ en premios e dous accesis.

Para ver as bases prema aqui