Faltan 2 meses- Comeza a partida.
Dentro de 65 días xa saberemos como quedaron as eleccións máis imprevistas dos últimos 25 anos ao concello de Xinzo. E por suposto a menos dun mes para que saiban as listas dos partidos que se presentarán as mesmas a conta atrás está resultando moi activa.
FULL DE JOTAS-DAMAS

Este fin de semana fixo a presentación dos 5 primeiros postos o renovado BNG. Xa sabíamos o cabeza de lista, novo, en todos os sentidos, e este venres presentaron os 5 primeiros, tres deles tamén novos e con sorpresas ata para os presentes na sala. Como a partir de agora isto vai a ser unha partida de póker entre todos, poderíamos dicir que nesta primeira semana o BNG comeza a partida cun Full de Cabalos-Damas. Os que saben xogar ao póker saberán valorar as cartas que xa descubriu esta formación.
PARELLA DE REIS

Seguindo coa partida de póker, do AXIL poderíamos dicir que comeza a partida cunha parella de reis, que non está mal. Falta saber os seguintes da lista para saber que man van a levar a partida final.
UN AS

De momento do PSdG-PSOE solo podemos descubrir unha carta na partida e por suposto que de momento pensamos que a carta que descubre é un AS, por suposto o AS de corazóns.
REI DE PIKAS

Por último a esta partida chega o PP cunha carta solo, creemos que será un rei, e como as espadas están moi no alto, ten de ser o rei de pikas.
No que todo o mundo esta de acordo é que estas próximas eleccións do 28 M están totalmente abertas e os últimos votos van a estar moi disputados e serán os que desequilibren a balanza para un ou outro lado.
Do resto non sabemos nada e previsiblemente, non haxa máis xogadores no tapete.