Xan Jardón deixa a alcaldía de #Vilar de Santos# por decisión propia
21:44 03/03/22
21:44 03/03/22
Presentou a súa renuncia nun pleno extraordinario convocado por el mesmo, esta tarde 03.03.2022
O actual tenente de alcalde Antonio Míguez Nogueiras, será o seu substituto e o próximo alcalde a partir do sábado día 5 ás 12:00, hora na que se celebrará o pleno da elección do novo rexedor de #Vilar de Santos.
Xan Jardón si continuará como concelleiro. Os motivos para a súa renuncia, segundo comunicou ao pleno son estritamente persoais
Unha vez que se comunicou no facebook oficial do concello, son moitos os veciños que lle agradecen a súa labor a fronte do concello durante estes anos e outros que dan ánimos ao novo rexedor.