12 anuncios de niños de velutina en Sandiás fixo que tivera que intervir SEAGA

Membro de intervención de SEAGA
12 anuncios de niños de velutina en Sandiás fixo que tivera que intervir SEAGA
Segundo os especialistas é moi importante dar coas raíñas porque estas xeran para o vindeiro ano centos delas, o que implicaría centos de niños e compre frear a expansión.

O mércores 13 de Setembro foi o día no que a Xunta asumiu a tarefa de retirada de niños de Velutina no Concello de Sandiás ante doce avisos que estaban en espera. Dita retirada realízase a través do encargo á empresa pública Seaga. Os puntos onde estaban situados os niños eran as aldeas de Cardeita, Sandiás, Lavandeira, Fontela, As Pegas e Piñeira de Arcos.

foto..9

Semanas antes xa interviñera Protección Civil de Sandiás en algún caso de niño urxente, con dimensións moi grandes e moi próximo a zonas habitadas retirando con pértegas.

A empresa Seaga interveu no resto dos dez niños. Algúns deles foron retirados con pértegas de fibras de carbono e na maioría actuouse mediante marcadores de aire comprimido de gran alcance. Un dos niños situado na aldea de Sandiás estaba xa inactivo.

O parecer, segundo os especialistas é moi importante dar coas raíñas porque estas xeran para o vindeiro ano centos delas, o que implicaría centos de niños e compre frear a expansión.

foto..4

A responsabilidade de eliminar ditos niños é da Xunta de Galicia por iso hai que chamar o teléfono que se indica a continuación. É moi importante que os veciño@s avisen no teléfono indicado cando detecten un niño de avespa velutina para minimizar o seu impacto e frear o seu avance en Galicia, sobre todo nesta época do ano que coincide coa súa maior proliferación.