Elvira Lama solicita a colaboración cidadá contra os actos vandálicos

Destrozos 28.05.22
Elvira Lama solicita a colaboración cidadá contra os actos vandálicos

O Concello pide a colaboración cidadá para acabar cos actos vandálicos contra o patrimonio público

Para que os actos incívicos duns poucos non empanen a imaxe da vila, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, pide colaboración para identificar ás persoas que causaron danos nas plantas ornamentais emprazadas en tres puntos do municipio: O Pombal, as inmediacións da Igrexa Vella e a Praza Santa Mariña. O Concello denunciou este domingo os feitos e fixo un chamamento ao civismo para que imaxes como esta non se volvan a repetir. Algunhas das plantas arrincadas levaban anos decorando este espazos, mentres que outras acababan de ser colocadas para embelecer e dar vida a unha vila que hoxe loce con menos cor.