Rouban as cubertas do alcantarillado da nacional 525 no concello de Sandiás
14:12 04/02/16
14:12 04/02/16
Os feitos aconteceron na madrugada do luns cara o martes cando desapareceron as cubertas da rede de alcantarillado. En concreto foron dez as pezas roubadas na nacional 525 no tramo que pasa por Piñeira de Arcos.
O concello de Sandiás procedeu de inmediato a cubrir os ocos con anacos de baldosa e sinalizar os puntos para evitar calquera accidente. Durante a mañá do mércores operarios do consistorio levaron a cabo os traballos de acondicionamento da zona e reposición das pezas que faltaban. Estas obras supuxeron un custe de mil euros para as arcas municipais.
O alcalde, Felipe Traveso, xa denunciou os feitos perante a Garda Civil que está investigando o sucedido.