O Esquecemento viaxou ata Astorga
16:14 31/07/23
16:14 31/07/23
Durante a celebración da festa "Astures y Romanos"
Este fin de semana unha representación do Esquecemento formada por Carmen Jiménez, Lucía Martínez, María Méndez, Marcos Argibay (presidente da A.C. Civitas Limicorum) e Ana Lozano viaxaron ata Astorga para participar en representación da festa de Xinzo na que se celebra nesa localidade castellana ASTURES Y ROMANOS.
A representación do Esquecemento quere agradecer a invitación aos compañeiros de Astorga cos que voltarán a coincidir na XXIII Festa do Esquecemento a celebrar dentro de tres semanas en Xinzo.