Noite de baile na Casa da Cultura a cargo do alumnado da Academia Danzón
15:44 22/12/15
15:44 22/12/15
Sortearase un xamón entre os asistentes
Este serán o baile chega ó auditorio da Casa da Cultura da man dos alumnos e alumnas da Academia de Baile Danzón de Xinzo de Limia. Sobre o escenario poderanse ver 20 actuacións de bailes de salón, ballet, flamenco, zumba, danza oriental...e unha longa lista de modalidades. Actuarán tanto pequenos como adultos.
Xunto con eles estará presente a xente da Asociación Limisi cun posto no que se poderán mercar as súas últimas creacións.
Como broche final a esta cita, sortearase un xamón entre os asistentes. O diñeiro que se recaude será donado a Limisi.
O evento dará comezo a partir das 20.45h.