Membros da Garda Civil están a repartir mascarillas na ES. Antela
13:31 13/04/20
13:31 13/04/20
Comezaron a entregalas aos transportistas e persoas que teñan que desprazarse ao traballo
A Estación de Servizo Antela é o único lugar fixo onde estarán os membros da Garda Civil entregando unha mascarilla por transportista ou persoa que se dirixa ao seu traballo.
Na estación de autobuses solo estarán nas horas en que haxa un autobús de liña regular, para todos aqueles que teñan que viaxar por motivos de traballo ou calquera outra situación xustificada.
Recordar que solo entregan 1 mascarilla por persoa.