Parada de Outeiro celebrou o S. Benito Preto

Inicio da procesión
Parada de Outeiro celebrou o S. Benito Preto

Durante toda a mañá houbo misas coa procesión ás 12

Esta mañá o pobo de Parada de Outeiro celebrou o día grande do seu Patrón, o San Benito Preto, único santo de cor que se venera na Limia.

Dende primeiras horas da mañá os devotos foron chegando ata a igrexa para seguir as misas programadas ata que chegaron as doce e sacaron ao Santo en procesión. Procesión que foi seguida por moita xente. Tal foi que todos os que foron a procesión non puideron entrar na igrexa, porque a xente quedouse na mesma para non perderse a misa solemne oficiada polo párroco e cantada por un grupo parroquial con toda clase de instrumentos musicais, rematando a misa co canto tradicional do S.Benitiño de Lerez, debidamente axeitada para o S.Benitiño de Parada.Rematada a interpretación todos os presentes, tanto dentro da igrexa, como os que tiveron que seguir a misa dende fora, ofrecéronlle un grande aplauso ao grupo que acompañou cos seus cantos a celebración da misa.

Postos de venda de velas e figuras de cera

Moitos foron os devotos que antes de entrar na igrexa compraron as tradicionais figuras de cera, para ofrecerllas ao santo.

MAÑÁ NOVA CELEBRACIÓN, ESTA VEZ EN SANDIÁS

A partir das 10 da mañá comezarán tamén as misas, ata a solemne das 12:00 con procesión polo magnífico campo que ten a capela de Bieito de Uceira ao seu redor.

A igrexa Parada de Outeiro quedouse moi pequena