O "Aquí Galicia" da TVG volverá retransmitir dende Xinzo
22:56 08/02/17
22:56 08/02/17
Será con motivo da celebración do noso Entroido.
Este sábado, a partir das 16 horas, o programa da Televisión de Galicia "Aquí Galicia" retransmitirá dende a Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia.
Estarán vivindo en primeira persoa a xornada previa ao Domingo Oleiro. Todos os cidadáns de Galicia que non acudan a Xinzo disfrutarán da programación do noso Entroido 2017 a través da televisión pública.