O concello de Sandiás agradecido pola colaboración dos veciños
13:35 23/12/21
13:35 23/12/21
Moitas grazas sandiás pola gran resposta á causa solidaria da campaña de alimentos 2021
Como sabedes este ano 2021 deuse un paso máis e plantexouse unha maior coordinación, colaborando as tres comunidades parroquiais e o Concello de Sandiás, coa finalidade de facer unha campaña única en todo o territorio.
1200 kg de alimentos, 65 caixas embaladas, 25 bolsas de cebolas. Tamén se recolleron xoguetes.
O diñeiro en donativos, que ascendeu a cantidade de 300 euros, investiuse na compra de alimentos básicos, especialmente nas tendas locais do concello.
Os alimentos, como se indicou no seu momento, destináronse ao Banco de Alimentos.
Para ler os agradecementos e ver a galería de fotografías, preme na seguinte ligazón: