Preto de 500 persoas visitaron os lugares de interés de Sandiás

Unha das visitas ao centro de interpretación da Lagoa de Antela
Preto de 500 persoas visitaron os lugares de interés de Sandiás

PRETO DE 500 VISITAS GUIADAS AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA LAGOA DE ANTELA E AS AREEIRAS DE SANDIÁS AO LONGO DA PRIMAVEIRA E VERÁN 2023

A partir da primaveira e ao longo de todo o verán, no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e no humidal artificial das Areeiras de Sandiás fóronse combinando visitas de centros escolares, grupos organizados, asociacións, centros universitarios e particulares, incidindo de maneira especial as fins de semana coa presenza de familias.

I Visita Guiada ao patrimonio xeolóxico, ornitolóxico e etnográfico nas Areeiras de Sandiás.

As primeiras visitas guiadas ao patrimonio xeográfico-mineiro, natural e histórico-etnográfico levaronse a cabo o pasado sábado 29 de Xullo cunha participación de case medio centenar de persoas provenientes de Ourense, Piñeira de Arcos, Vilar de Santos, Ramirás, San Cibrao das Viñas, A Bola, Allariz, Pereiro de Aguiar, Barcelona, etc. A actividade contou con varios especialistas, entre eles, Serafín González, Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

Visita de Universidades, Asociacións e grupos organizados a Exposición Permanente do Centro de Interpretación e as Areeiras de Sandiás.

En torno ao 2 de Abril recibimos a visita dun grupo de 15 persoas de diferentes puntos da provincia guiados pola Asociación de Amigas das Cegoñas. O 3 de abril a visita de 17 veciñ@s de Ponferrada, Pontevedra e Ourense. O 14 de Abril acudiron 24 alumnos da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense. O 29 de Abril visitáronnos 16 participantes de lugares diversos do Programa Universitario de Maiores de 50 anos celebrado en Xinzo de Limia.

Tamén nos visitou a Ampa do Ceip Rosalía de Castro (Xinzo de Limia) con preto de medio centenar de participantes (19 membros adultos máis 25 nenos e meniñas, seus fillos). 17 mozos e mozas do Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental do “CIFP A Granxa” coa súa profesora visitaron tamén os proxectos de recuperación ambiental das Areeiras. 31 participantes do Programa Universitario para maiores da Asociación de Estudantes “Aulas de Formación Aberta” tamén visitáronnos guiados por Delfin Caseiro. Ao redor de Xullo, 17 participantes da Asociación Aixiña de Ourense tamén visitaron o Centro de Interpretación e o 18 de Xulio o Campamento Horse Miño.

rbsh
rbsh

O 14 de Agosto visitáronnos un grupo de dez amigas e amigos procedentes de Pontevedra, Baiona, Bueu, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Arcos (Piñeira de Arcos, Sandiás). En agosto, a Casa da Lagoa tamén foi lugar de concentración de medio centenar de participantes provenientes da Comarca da Limia, Forcarei, Cartelle, Coruña, Madrid, Santiago, Redondela e Vigo que desenvolveron as MasterClass da III Visita Guiada do Pazo do Telleyro. Por último, no mes de Setembro 50 membros da asociación “Amigos dos Museos de Galicia-Portas Ártabras dende A Coruña visitaron o Centro de Interpretación e a Igrexa de Santo Estevo guiados polo arqueólogo e escritor, Felipe Senén.

Vista de familias, grupos reducidos ou persoas particulares

Ao longo da primaveira e o verán acudiron particulares, grupos reducidos e familias provenientes en número total aproximado de 150 persoas provenientes dos máis diversos lugares: Sandiás, Santiago de Compostela, San Amaro, Alemaña, Xinzo de Limia, Zadagós, Bande, Verin, Ourense, Lugo, A Rioxa, Asturias, Rairiz de Veiga, A Coruña, Lugo, Barcelona, Madrid, Portugal, Sevilla, Allariz, Pontevedra, Vila Real, Couso de Limia, Tenerife, Vilariño das Poldras, Bilbao, Ermua, Xunqueira de Ambia, Vigo e múltiples peregrinos da Via da Prata o seu paso por Sandiás.