Arde o Parque Natural do Xurés

scale.php
Arde o Parque Natural do Xurés
O lume  que comezou na parroquia de Prado de Limia en Muíños, xa leva arrasadas 200 hectáreas REDACCIÓN redac@dendealimia.com O inferno do lume...

O lume  que comezou na parroquia de Prado de Limia en Muíños, xa leva arrasadas 200 hectáreas

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O inferno do lume volveu máis cedo do esperado. Na tardiña de onte, as 19.05 horas incendiábase o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés na parroquia de Prado de Limia, pertencente ao concello de Muíños. Arestora as lapas seguen activas e xa levan arrasado, segundo as estimacións da Consellería do Medio Rural e do Mar, 200 hectáreas desta zona protexida.

Nos traballos de control deste incendio forestal, que está acadando grandes dimesións debido ao forte vento que rexistra a comarca e que xa leva queimado piñeiros, carballos, ademais de monte raso, participan seis axentes forestais, nove brigadas e catro motobombas. O alcalde do municipio da Baixa Limia, Plácido Álvarez asegurou en declaracións a Europa Press que "se botaron de menos" máis medios por parte da Xunta de Galicia, aínda que tamén declarou comprender este feito pola época do ano na que estamos.

Outro incendio provocado

O lume "foi provocado seguro" debido ao punto no que se iniciou, segundo o rexedor popular. Na súa conversa con Europa Press, Álvarez recoñeceu que non existe perigo para as persoas, pero que si se viviron momentos de "nerviosismo" durante a pasada noite. O líder local mostrouse confiado en que as lapas poidan "ser controladas en pouco tempo", pois a intensidade do vento esta a diminuír. O que si ten claro Plácido Álvarez e que "todo unido, o forte vento e a falta de medios, influiu en que o incendio acadase maior importancia da que debería ter sido".