As conversas para este pacto leváronse con moito sixilo, non con secretísimo, se non como se deben facer estas cousas.(Toni)

Antonio Ferández-Toni, revisando papeis no seu novo despacho
As conversas para este pacto leváronse con moito sixilo, non con secretísimo, se non como se deben facer estas cousas.(Toni)
A situación económica do concello, non é mala, é paupérrima

Antonio Fernández Veiga-Toni, por fin tiña gañas de falar dos pactos, sobre todo, porque durante todo o tempo que duraron as conversas mantivo un silencio sepulcral sobre os mesmos.Agora xa fala abertamente sobre eles e sobre o futuro goberno do que el é o 1º tenente de alcalde, Carlos Gómez 2º, Moncho 3º e Cristina Campero a 4ª. Tamén desvelou que terá 3 dedicacións parciais dentro dos membros que forman a Xunta de Goberno.

As conversas para este pacto leváronse con moito sixilo, non con secretísimo, se non como se deben facer estas cousas.

Como viu o pleno?

Se alguén ten que falar do acontecido no pleno con relación ao de fai catro anos, ese é o Partido Popular. Se alguén pode falar de elegancia e de empaque político eses somos nos, demos unha lección de elegancia e de ética democrática, sendo un escenario moito máis complexo que o da semana pasada.

O partido Popular, aceptamos e acatamos ese cuatripartito, como non podía ser doutra maneira. Nese momento un por un felicitamos aos gañadores, cousa que este sábado pasado que se demostrou que hai persoas que deben ter un ego tan importante por optar a alcaldía que non entende de democracia nada máis que cando lle vai a auga polo seu rego, se non é así xa se fala de ditadura. A ex alcaldesa ten que entender que a democracia é o que é.

Eu entendo que AXIL ten dentro da súa estrutura política persoas de amplo espectro e a súa decisión, creo que asemblearia, optou polo pacto co PP.

O que estamos a facer os dous grupos, non é política de esquerdas nin de dereitas é política de veciñanza, con feitos e servicios.

Na xunta de goberno PP ten 3 membros e Axil 2,mentres que o alcalde é do partido con menos concelleiros.

Iso debe ser porque temos unha mutua confianza entre todos. Volvo a repetir, non temos unha estrutura de partidos, se non unha estrutura de persoas que queren o mellor para os veciños. Nunca se priorizou quen tería que ser ou non o alcalde, nin os outros postos. Non buscamos posicionarnos persoalmente por caprichos. Alguén tiña que ser alcalde, e neste caso optouse porque fora os catro anos Amador Díaz.

Pista da Armada e Auditorio

Estes son os dous proxectos que están a ser apoiados pola Xunta e a Deputación. Haberá máis proxectos nos que o Partido Popular, ten moito que facer na consecución dos mesmos. O goberno anterior, tamén foi bater nas portas dos gobernos da mesma cor política e conseguiu que, por exemplo, a Confederación levara e leve a cabo varios proxectos, por ser un goberno “amigo”, mentres que outros concellos da provincia quedaron sen nada.

O PSOE, segundo declarou Elvira Lama, dáballe dous anos de alcalde, por que vostedes lle dan os 4, recibindo vostedes máis votos e tendo un concelleiro máis?

Eu non sei o que lle daba o PSOE, a nos nunca nos importaron os postos. Nos queríamos un proxecto en común que beneficiase aos veciños e así llo fixemos saber, e dese proxecto en común xurdiu este pacto. El pediu ser o alcalde e nos non tivemos problema en que sexa el.

Nos intentaremos levar unha lexislatura de 4 anos frutífera e sen ter máis problemas dos normales que poidan xurdir, ata dentro de cada partido, que tamén os soe haber.

Os programas de ambolosdous partidos parecían feitos no mesmo lugar

6
6

Efectivamente, démonos conta, cando empezamos a negociar que case os dez primeiros obxectivos dos dous partidos eran os mesmos. Nin que fora a “divina providencia” a que nos iluminou para que fora máis fácil chegar a este acordo.

Haberá dedicacións exclusivas?

Si haberá dedicacións exclusivas parciais. Neste caso vai haber 3, a do alcalde e dúas máis parciais. Entendemos todos os grupos políticos que aquelas persoas que traballan polo concello deben cobrar polo seu traballo.

Como están as arcas municipais?. No pleno non se deu esa información de arqueo da situación das contas.

5
Parece que nos caixóns solo había unha foto vella

Non teño problema en presentar ese arqueo. O que si digo e que polo que puiden ver nalgún dos departamentos a situación non está mal, está o seguinte, pésima, e ata podería dicir que en situación paupérrima. Na primeira Xunta de goberno trataremos este tema. Cada concelleiro está a traballar na súa área para ver a situación financeira do concello. O PP na oposición non sabemos desenvolvernos ben, pero de xestionar si sabemos, co que creemos que aínda que custe sabermos saír da situación que nos encontremos, coa axuda loxicamente neste caso dos gobernos “amigos”. O día a día está salvado. Nos o que vamos a conseguir son proxectos e inversións.

Esperamos ser un grupo unido e demostraremos a os veciños que non existe política de dereitas e de esquerdas, se non política de feitos.

Elvira Lama, fala esta mañá noutro xornal que se conseguiron para Xinzo 58 millóns de inversión durante o seu mandato. Cales son?

Calculo que ela mete nese dato o plan de regadío. Iso é como si cando fan unha ponte nunha autovía o concello fala desa inversión porque pasa polo seu concello. En todo caso esa inversión que son fondos europeos ao 100% conseguiuse pola presión dos agricultores e pertence a un área de terreos de 3 concellos.

Non temos que esquecer que nese plan tamén a xunta puxo 10 millóns de euros e tamén a presión na mesma dirección que os agricultores.