O Grupo Municipal Popular rexistrou onte unha moción na mellora do “Regadío da Limia”

Pleno extraordinario en Xinzo de Limia a favor das peticións dos centros escolares.
O Grupo Municipal Popular rexistrou onte unha moción na mellora do “Regadío da Limia”
Para debater no vindeiro Pleno Municipal.

Unha vez visto que o Goberno Central non incluíu a comarca da Limia como zona de mellora e modernización de regadíos, sendo a comarca galega agrogandeira máis importante. O Grupo Municipal Popular decidíu levar a Plenario a aprobación do seguinte acordo:

Solicitar ao Goberno de España que inclúa a comarca da Limia no proxecto de modernización dos regadíos deseñado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, dentro do marco do seu Plan de transformación ambiental e dixital para o sector agroalimentario.

A nosa comarca non pode quedar atrás neste tipo de proxectos, non podemos quedar fóra e pecharnos portas de futuro.

Esperamos que o Grupo de Goberno se una a nós nesta moción e que por unha vez estea ao carón da veciñanza e non “bailarlle sempre a auga” ao Goberno do Estado.