O domingo de Entroido segue o mesmo ritmo e coas mesmas temperaturas de verán

O domingo de Entroido segue o mesmo ritmo e coas mesmas temperaturas de verán

A parodia do aeroporto internacional de Xinzo acaparou todo o protagonismo

Todo o mundo xa sabe da imaxinación que desborda o noso Entroido, pero este domingo estivo a un nivel, so coñecido en algunhas ocasións.

Todo o mundo quería pasar baixo os arcos de pasaxeiros que dende Xinzo ían a Buenos Aires.

Non quedaron atrás tampouco o trágavolas humano e por aclamación a volta da familia co espectáculo da cabra, non esquecéndonos das sevillanas no salón da casa e por riba do TV.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

cats

Quizás as medidas impostas este ano polo plan de autoprotección posto en marcha teña que ser revisado no tocante ao domingo pola mañá, na que nun par de horas era practicamente imposible transitar polas rúas do casco vello. É posible que os redactores, unha vez vexan estas imaxes e moitas máis que haberá decidan pechar ao tráfico tamén pola mañá, para que así as comparsas poidan demostrar as súas habilidades teatrais e os visitantes poder ver todo o que no entroido pasa.

Quen o entendeu perfectamente foi esta nai que amosamos, co seu permiso, no que extremou esas medidas coa criatura que viña tamén a gozar do Entroido Internacional de Xinzo, pero sen correr ningún perigo.

Ah! As pantallas tiveron que esta mañá troular polos viños en fila de un, de outra maneira éralles imposible, coa cantidade de xente que houbo.

Para ver a reportaxe fotográfica prema aquí.