O Concello de Xinzo maniféstase por primeira vez en Dende A Limia
Grupo de Goberno Municipal do Concello de Xinzo de Limia
COMUNICA:
Desgraciadamente, a día de hoxe, tivemos que vivir un acto de falta de responsabilidade, moralidade, e obrigatoriedade por parte dos membros do grupo da oposición.
A petición destes mesmos membros dun pleno extraordianrio, convocouse pola parte do Señor Alcalde dun pleno extraordinario urxente, para o día 12 de decembro de 2013, que segundo o art.46 Lei 7/1985 de 2 abril, podrase convocar sen ningún tipo de anticipación horaria.A hora do inicio do dito plenario, vivimos o ausentismo de todos os membros da oposición , os cales permanecían nas dependencias municipais, e non se persoaron no salón de plenos, coa seguinte apertura da sesión por parte do Alcalde, dado que existía o quorum necesario e ratifícouse a urxencia do mesmo.
Nese mesmo intre, renunciase por parte de todos os membros do grupo de goberno as dietas do plenario.
De seguido levantouse a sesión pola incomparecencia dos peticionarios os cales pedían explicacións.
Ante este acto, todos os membros do grupo de goberno do concello, manifestamos , que para nós este foi un acto de irresponsabilidade pública ante o cargo que sostenta cada un dos concelleiros da oposición.
Declaramos que esta acto foi un plante a toda a cidadanía, os membros do plenario, aos medios de comunicación, e a o pobo do Concello de Xinzo de Limia.
Todos nos sempre mantuvemos unha actitude de diálogo, transparencia e respecto ante todos e cada un dos membros da oposición, cousa que hoxe nos non recibimos, despois de aceptar a petición por parte deles, a urxencia deste plenario.
Para nos, rompéronse hoxe todas as regras democráticas, boa práctica e responsabilidade moral e pública, que cada un dos concelleiros debe ter ante o pobo e a cidadanía, a cal cos seus votos, fixo da sua persoa, unha figura pública do poder do goberno local. Finzalizamos esta nota de prensa lamentando esta situación e reflexionando sobre a falta de responsabilidade dos nosos compañeiros da oposición.
Reiteramos o noso ofrecemento ao diálogo e boas prácticas para o bo funcionamento do noso Concello.