Pedro A. Araújo Nespereira. premio OURO AZUL 2015

PREMIO OURO AZUL 2015
Pedro A. Araújo Nespereira. premio OURO AZUL 2015

O Bosque Máxico acordou facerlle entrega deste preciado

galardón do Ouro Azul

4ª EDICIÓN PREMIO \“OURO AZUL\”

Dende o proxecto de \“O Bosque Máxico\”, cada ano no mes de marzo, coincidindo co Día Internacional da Auga, otórgase o premio Ouro Azul ás persoas que, dalgún modo, traballan, protexen ou estudian as diferentes formas para que este elemento tan preciado como a Auga, se manteña no seu estado máis puro, potable e nivelado posible.

Na súa primeira edición o galardoado foi o D. Eduardo Costas Costas, profesor titular de genética e biólogo da Complutense de Madrid, polos traballos realizados na contaminación por cianobacterias no hipertrófico encoro das Concha e no cauce do Rio Limia.

Na súa segunda edición o premio recaeu en D. Serafín González Prieto, investigador e Científico do CSIC no Instituto de Agrobioloxía de Galicia, polos traballos levados a cabo na defensa dos Ecosistemas acuáticos, entre eles a Lagoa o cauce e os encoros do Limia

Na terceira edición do pasado ano o premio Ouro Azul, correspondeulle a D. Luis Rodríguez Míguez, Doutor Hidrólogo Termal, Profesor Universitario, Escritor, Pai do Termalismo contemporáneo e creador da denominación, Vila termal, que hoxe,

E neste ano 2015, na súa cuarta edición, os colaboradores de O Bosque Máxico acordaron facer entrega deste preciado galardón do Ouro Azul, a D. Pedro A. Araújo Nespereira.

Decano da Facultade de Ciencias de Ourense, Universidade de Vigo, polos traballos levados a cabo no Campus da Auga ,

Onde, con diferentes propostas e estudios, preparan a sociedade para a súa manipulación, consumo, aproveitamento, preservación e sensibilización deste Elemento imprescindible para o ser

Humano e toda a Biodiversidade, A Auga.