Unha nova BAR-bería en Xinzo
Pablo Márquez é un rapaz de 27 anos de Xinzo, como di el, "de toda la vida de Dios", que este luns lanzouse a a abrir o seu propio negocio, unha BAR-bería. Unha barbería con guión porque entre que ao veciño lle fan un corte, mentres esperas á túa cita, a ti sérvenche un cortado, unha caña ou mesmo algún pincho, eso si, de balde.Si alguén non o recoñece pola idade, dicir que súa nai (Lola) e unha das persoas que máis papeis oficiais pasaron pola súa man, e que dicir do pai, Toño, o que máis armas tivo na súa man, da Limia, polo menos.

Unha paixón de sempre
A súa vida profesional comezou moi lonxe do mundo da perruquería, aínda que sempre estivo interesado nel.
"Dende pequeno cando ía á perruquería, sempre dicía, de maior quero ser perruqueiro"
Despois duns anos traballando nun supermercado, deixou o traballo e marchou cara Ourense onde fixo un curso de perruquería con Jorge Cachaldora, é dicir, en Jorge 3.
“Iso é o meu” deuse conta Pablo nunha perruquería de Ourense despois de marchar do supermercado.

Poder traballar do que che gusta nunca é sinxelo. El sábeo ben xa que traballaba día e noite para compaxinar a música e o mundo da perruquería. Como di Pablo, "Durmía tres horas, pero o que un quere algo lle custa". Facía o curso pola mañá, pola tarde traballaba na barbería Esmorga, e pola noite traballaba de DJ.
Unha vez rematado o curso colléronno a tempo completo na barbería na que traballaba, pero ao cabo dun tempo decidiu volver a Xinzo e ao ver que non había nada parecido ao sitio no que traballara, decidiu abrir a súa propia barbería.
Esta barbería pretende ser un espazo moderno pero cun corte á antigua. Así como as barberías de hai tempo eran un espazo para falar e pasalo ben, esta barbería pretende rescatar isto. Así, ademais da barra, conta cunha cadeira en forma de coche para os máis pequenos, e un antigo simulador de carreiras.
Por outra banda, tamén se diferencia doutras perruquerías polo uso da navalla para calquera corte, para barbas, afeitados...
DJ Barbeiro ou Barbeiro DJ?

Con este novo proxecto, non deixou de lado a súa paixón pola música, por iso segue sendo DJ. Traballou en pubs como Origen e Templo en Ourense. Incluso, poderemos velo pinchar nas festas de Xinzo deste ano.
El di que máis cun DJ Barbeiro é un Barbeiro DJ, xa que traballar de noite non é algo que se adapte a moitas situacións co paso dos anos. Ademais, pasa máis tempo na barbería que de DJ pola noite.