O "Principal" presentou a programación do segundo semestre

teatro_principal
O "Principal" presentou a programación do segundo semestre
"Made in Galiza" de Sarabela Teatro estrearase do 21 ao 23 de setembro

César Fernández recoñeceu o traballo de todo o persoal do Teatro Principal e da súa directora por conformar unha programación “dunha enorme calidade, cunha oferta de todo tipo e para todos os públicos”. O vicepresidente reflexionou arredor da importancia da cultura: “É unha necesidade básica, e polo tanto o papel das administracións públicas é fundamental. En Ourense, a Deputación teno moi claro dende fai moitos anos, e este é o camiño a seguir”

-11.30 horas: Presentación da programación do segundo semestre do Teatro Principal.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na presentación do segundo semestre do ano do Teatro Principal, xunto ao director do Agadic, Jacobo Sutil, e a directora do Teatro Principal, Olga Mojón. Lugar: Teatro Principal
Acto de presentación da programación

Pola súa banda, o director do Agadic puxo en valor “tanto a calidade como a diversidade” da actividade do Teatro Principal, cuxa actividade converte o seu escenario nun auténtico “referente cultural” para a terceira cidade de Galicia. Así como o compromiso deste espazo coas “citas imprescindibles” do calendario escénico da tempada.

Unha ampla oferta

A programación do segundo semestre de 2023 comeza o 14 de setembro coa obra “La isla del aire”, coa icónica Nuria Espert. E continuará con citas como:

. IV Festival de Poesía “Imos ter máis que palabras” (16 de setembro)

. “Made in Galiza”, de Sarabela Teatro (21, 22 e 23 de setembro -estrea-)

. Concerto de Kammer Philharmonie (29 de setembro)

. “La tarara” (21 de outubro)

. Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia (25 de outubro)

. Concerto de “Óyeme bien” (27 de outubro)

. “Berro”, espectáculo de Nova Galega (28 de outubro)

. “Meixeverso”, monólogo de Pablo Meixe (4 de novembro)

. “Búho”, montaxe da Titzina Teatro (5 de novembro)

. Concerto de Je Veux Vivre (18 de novembro)

. “Constante”, adaptación de Calderón de la Barca (19 de novembro)

. “Ay, Carmela” (25 de novembro)

. “Hamelin”, adaptación de Redrum Teatro ao galego do texto de Juan Mayorga (1 de decembro)

. Concerto da Real Filharmonía de Galicia (15 de decembro)

. Chicago Mass Choir: A spiritual celebration to B.B. King (20 de decembro)

. Concerto de Nadal da European Sinfónica Orquesta (22 de decembro)