As emprendedoras da Limia poden solicitar as axudas da Xunta a través do programa EMEGA

mullerres
As emprendedoras da Limia poden solicitar as axudas da Xunta a través do programa EMEGA

O programa EMEGA que pon en marcha a Xunta ten como fin apoiar ás mulleres que se inician no mundo emresarial. Trátase dunha medida de promoción da igualdade no eido laboral que busca favorecer a conciliación laboral e familiar.

Por outra banda a intención é apoiar as ideas empresariais contribuíndo así á creación de novos postos de traballo.

O programa contempla ata 5 liñas de actuación específicas. Unha delas é "emprende" que ten como destino a posta en marcha de novas empresas. "Innova" é outra das vías que busca promocionar e mellorar empresas que están lideradas por mulleres. "Activa" busca a reactivación e consolidación de proxectos e "ITEF" céntrase na axuda para a posta en marcha de proxectos de base tecnolóxica. A quinta liña de axudas denomínase "dual" é o seu fin é dar apoio á participación das promotoras no programa de titorización e axuda.

Poderán optar a este tipo de axudas aquelas empresas ou proxectos formados por mulleres que teñan o seu domicilio social e establecemento de produción en Galicia. Non poden pertencer ó sector público nin ser entidades sen ánimo de lucro.

Por outra banda valorarase a calidade do proxecto, a contribución á integración laboral de mulleres en paro, con algún tipo de discapacidade ou que estean en risco de exclusión social.

A convocatoria saiu publicada no Diario Oficial de Galicia do venres 1 de xullo e o prazo para presentar solicitudes está aberto durante todo o mes.

A Xunta conta cun orzamento de 1.338.100 euros para a posta en marcha destas axudas ó emprendemento feminino.