Case medio millón de € investirá o concello de Sandiás en Cerredelo

Maquinaria traballando no proxecto
Case medio millón de € investirá o concello de Sandiás en Cerredelo
Na mellora do saneamento e depuración de augas residuais

Comezaron as obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais da aldea de cerredelo no concello de sandiás cun orzamento total de 434.899 euros

foto 5

No proxecto contémplanse en resumo as actuacións seguintes: inspección, limpeza e reparación da rede de colectores e pozos de saneamento existentes incorporando catro novos colectores de saneamento, demolición e retirada das dúas fosas sépticas existentes e reacondicionamiento do terreo onde se asentaban, limpeza e roza da parcela de implantación da nova EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) e tallado e destoconado das árbores existentes na parcela da nova EDAR que afecten as franxas de drenaxe.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Felipe Traveso, Alcalde do Concello de Sandiás, rubricaron o pasado 14 de Marzo de 2022 o Convenio de colaboración que posibilita a financiamento, execución e entrega das obras de “Mellora do saneamento e depuración de augas residuais da aldea de Cerredelo, no termo municipal de Sandiás” e posto o día pola Adenda de modificación firmada por ambas as partes.

A CHMS investirá 343.000 € e o Concello 91.000.