"Habitación Vudú" abre contratacións para o novo ano

Habitación vudú
"Habitación Vudú" abre contratacións para o novo ano

Esta formación tan ligada a Xinzo de Limia e a toda a comarca –onde teñen estreado algúns dos seus traballos– vén de abrir contratación para o novo ano.

Falar dos irmáns Freiria, Xusto e Jose, é falar de música. Os seus inicios remóntanse á súa mocidade, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo e coa chegada de Rubén, un amigo baixista, consolídase o núcleo do que será o grupo Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.

Digamos que o camiño real atópase cando percorriches outros moitos que non tiñan saída.

É na primavera de 2014 cando se poñen ás ordes de Gonso e Anxo Bautista. No seu estudo Vila Angelina de Vigo, durante unhas xornadas de duro traballo, gravan os seus dous primeiros temas.

Comezan 2015 cunha idea na súa cabeza, a de editar o seu primeiro EP. Póñense a traballar niso e a darlle forma a novas cancións e ao proxecto, mentres seguen facendo concertos que consolidan a traxectoria de Habitación Vudú.

cartel HV generico 2

Entre maio e xullo de 2015 gravan o seu primeiro EP "Flores Falsas". Aos mandos da produción está Luís Antelo e contan coa colaboración do recoñecido músico vigués Pablo Novoa en arranxos e gravación dalgunhas das guitarras. Conseguen financiar a gravación, fabricación e publicación deste EP mediante unha campaña de crowdfunding, que superou os 120 mecenas que achegaron ao proxecto.

En abril de 2016, estrean o seu primeiro videoclip que leva por nome "Flores Falsas", como a súa EP. Para iso contaron con Juanpa Ameneiros na dirección e realización do mesmo.

O verán de 2016 Habitación Vudú conseguen consolidar a súa traxectoria xa que forman parte do cartel do Festival "Cultura Quente" de Caldas de Reis(Pontevedra). Tamén nese mesmo verán son elixidos para abrir o concerto que "The Gift" daría en Montalegre con motivo das festas desa localidade lusa, celebrando os 20 anos de vida do grupo portugués.

Esta formación tan ligada a Xinzo de Limia e a toda a comarca –onde teñen estreado algúns dos seus traballos– vén de abrir contratación para o novo ano. Os interesados poden contactalos en contacto@escenasonora.com