175 servizos de control de alcoholemia nunha semana en Xinzo

175 servizos de control de alcoholemia nunha semana en Xinzo

3 positivos en alcohol , un deles cuadriplicando o máximo permitido

Durante a semana do 9 ao 15 de decembro os membros da Policía Municipal de Xinzo fixeron 175 servizos con probas de alcoholemia. Dos tres servizos que tiveron resultados positivos, un deles resolveuse coa perda de 4 puntos do carné e 500 € de sanción e outro con 6 puntos e 1.000 €. O outro servizo que deu positivo foi posto a disposición do xulgado de Xinzo para un xuízo urxente. Neste caso o condutor cuadriplicaba a taxa máxima permitida.

Todas as probas foron feitas no casco urbano participando a totalidade dos compoñentes da Policía Municipal en diversas quendas.

Segundo informou o xefe da Policía Local nesta campaña houbo menos positivos nos controis.

Así mesmo continúa facendo un chamamento aos condutores, que sobre todo nestas datas de comidas e ceas de celebración de festas, para que non se cometa o erro de conducir baixo os efectos de alcohol ou estupefacientes.