Xinzo tería a día de hoxe un solo positivo

00019
Xinzo tería a día de hoxe un solo positivo

Nos datos que aporta Sanidade aparecen 11, dos cales 10 pertencen a residencia de Sta. Mariña.

Segundo confirmou esta mesma tarde Elvira Lama, aínda que os datos xerais de Xinzo eran esta mañá 11 persoas afectadas pola Covid-19, tan solo 1 correspondería a cidadanía en xeral, posto que neste número están incluídas as 10 persoas que nestes momentos están padecendo a enfermidade dentro da residencia Sta. Mariña.

Segundo fontes da Fundación que xestiona a residencia dos 10 positivos, tan so 1 está ingresado no CHUO. Os demais seguen na propia residencia sen apenas síntomas unha vez que xa recibiron as dúas doses da vacina.