O BNG de Trasmiras en ningún momento se puxo en contacto co grupo de goberno do Concello -Emilio Pazos

concello de trasmiras
O BNG de Trasmiras en ningún momento se puxo en contacto co grupo de goberno do Concello -Emilio Pazos

Recordar e aclarar que o cribado mediante PCR do persoal dos negocios do concello de Trasmiras xa foi realizado o sábado 16 de xaneiro e xa teñen todos os resultados, como lle consta aos propios interesados.

O alcalde de Trasmiras Emilio Pazos, despois do comunicado do BNG no día de onte, pon de manifesto, nunha nota de prensa enviada ao noso medio, en primeiro lugar a Emilio Pazos-Trasmirasfalsedade dos comentarios da portavoz do BNG, que o único que fan é crear polémica de todo o que esá a acontecer. Polémica que nestes momentos tan delicados, nin é boa, nin é verdade, todo o que ela dí. Non é verdade, nin cando di que se ofrece para colaborar. Rematou o alcalde, agradecendo a colaboración real que está a recibir do concelleiro do PSOE na corporación.
No comunicado Emilio Pazos, desmonta, según el todo o que a representante do BNG afirmou onte.
Ante as distintas noticias e comunicados do BNG de Trasmiras nas redes e na prensa, vémonos na obriga de facer varias aclaracións, dada a preocupación que pode xerar na poboación de trasmiras:
O BNG de Trasmiras en ningún momento se puxo en contacto co grupo de goberno do concello para pedir, compartir ou aportar información referente á situación sanitaria actual. O grupo de goberno sempre está á disposición dos demais grupos políticos e dos veciños e veciñas do concello.
Todas as peticións de máis restricións pasan polas decisións que a Xunta de Galicia e o Sergas, dentro das súas competencias, poidan acordar. Ogrupo de goberno está en contacto diario coas autoridades sanitarias para avaliar a situación sanitaria do concello.

  • As recomendacións e peticións de cumprimento coas normas sanitarias e redución de contactos e restrinxir a mobilidade, lévanse feito continuamente desde o concello, apelando á responsabilidade persoal e individual de cada veciño e veciña, máis alá o concello carece de competencias.
  • Recordar e aclarar que o cribado mediante PCR do persoal dos negocios do concello de Trasmiras xa foi realizado o sábado 16 de xaneiro e xa teñen todos os resultados, como lle consta aos propios interesados.
  • O concello de Trasmiras sempre estivo e está á disposición de todos os veciños e veciñas, sobre todo dos que están confinados, para resolver e axudar en calquera necesidade que poida xurdir, e máis dada a situación actual.

Aproveitamos para pedir, unha vez máis, responsabilidade e cumprir todas as medidas sanitarias acordadas. Unha vez que o concello de Trasmiras vai entrar en restricións máximas, debemos extremar aínda máis as precaucións.

Rematou o alcalde, fora do comunicado agradecendo a colaboración