A Limia en “pe de guerra” polo butano

camion_butano_1600x900
A Limia en “pe de guerra” polo butano

Neste caso non é polo prezo da bombona, se non pola falta de subministro

Xa fai semanas que os veciños da vila de Xinzo están a deixar as súas queixas na antiga subministradora de gas butano da vila, polos retrasos no subministro de bombonas a domicilio.

ATA 3 SEMANAS

20220907_142936
20220907_142936

Esta mesma mañá uns veciños alertaron a dendealimia.com do feito que fai exactamente 15 días que solicitaran unhas bombonas nun edificio e cando lograron hoxe contactar coa empresa de Maceda, que agora leva o subministro, despois de media hora de facer chamadas, sen contestación, lle din que eles non saben nada.

NINGUÉN COLLE O TELEFONO

Varias son as persoas que declararon que ata media hora teñen que estar colgados do telefono marcando sen resultado ningún. Outra das persoas denuncia que no nº de telefono que a compañía ten en Madrid, lles indicaron un nº que é de pago.