O xeodestino “De Allariz a Maceda” crea unha landing para celebrar o Entroido de forma online

Vilar de Barrio - Xeodestino Área de Allariz, Maceda e Alto Arnoia
O xeodestino “De Allariz a Maceda” crea unha landing para celebrar o Entroido de forma online

A landing page de entroido conta cun concurso no que serán premiadas as 2 fotografías máis votadas polos usua

Nas últimas semanas publicouse, na rede, o proxecto “De Allariz a Maceda”, unha unión de sete concellos baixo unha mesma marca, co obxectivo de promocionar os recursos dos concellos, de Allariz, Maceda, Vilar de Santos, Taboadela, Baños de Molgas, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía, que conforman unha destino turistico baixo a unha mesma identidade.

O proxecto conta cunha páxina de Facebook, Instagram e sitio web (https://deallarizamaceda.gal/), con información dos principais recursos turísticos de cada concello. Ademais, proximamente ampliaranse as canles de difusión, co uso de newsletter ou landing pages para campañas específicas e outras propostas que se irán anunciando.

Concurso de Entroido

Unha destas propostas é a campaña de Entroido que lanzou hoxe, unha landing (https://deallarizamaceda.gal/entroido/) que conta con información sobre o Entroido da zona, ensalzando a figura do Felo, como elemento máis representativo. Nesta páxina todos os usuarios poderán participar nun concurso online de disfraces no que serán premiadas as dúas imaxes máis votadas.

Premios

1º premio: Máscara en alfarería do Felo, de Alfarería Agustín - Niñodaguia.

2º premio: Cadro bordado do Felo, de Lumecú.

Promoción dos 7 concellos

En https://deallarizamaceda.gal/ cada municipio ten a súa propia sección, coa información dos seus recursos naturais, patrimonio material e inmaterial. Pero non só iso, a páxina web tamén dispón dun mapa interactivo con todos os recursos xeolocalizados.

Por último, gustaríanos incidir en que “De Allariz a Maceda” é un proxecto aberto a toda a contorna onde as respectivas oficinas de turismo, establecementos hostaleiros, empresas do sector, etc; poden enviarnos as súas propostas, actividades de interese ou a súa predisposición a colaborar. O obxectivo para nós non é outro máis que dar a coñecer Allariz, Vilar de Santos, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Vilar de Barrio, Taboadela e Maceda.

Para máis información:

Eva González - Coordinadora LIMIA-ARNOIA GDR10

604 026 618 coordinadora@limia-arnoia.gal