O baloncesto limiao presenta ás súas novas promesas
13:49 26/12/13
13:49 26/12/13
A canteira ao completo reuniuse nunha festa o pasado sábado no pavillón municipal
REDACCIÓN
redac@dendealimia.com
As pequenas promesas do baloncesto limiao déronse cita...
A canteira ao completo reuniuse nunha festa o pasado sábado no pavillón municipal
REDACCIÓN
As pequenas promesas do baloncesto limiao déronse cita o pasado sábado nunha festa na que non faltaron os orgullosos papás e mamás que ateigaron as gradas, e onde se puido comprobar, en palabras do concelleiro de Deportes Luis Miguel Gil que o futuro desta disciplina na vila está asegurado.Os máis de cen xogadores e xogadoras bailaron ao ritmo da charanga XL que apareceu moi recentemente no panorama musical limiao, e aproveitaron para tomar unhas cantas fotos de familia. E antes de concluír cunha grande merenda, os equipos presentaron un a un e por categorías, a cada un dos seus membros. Ademais, os mellores estudantes de cada conxunto recibiron un recoñecemento por terse esforzado non soamente no ámbito deportivo, senón tamén no académico. Con este xesto a organización busca dirixir a atención dos rapaces máis alá da competición deportiva para que non esquezan o importante tamén da súa formación.