A alcaldesa amosa a súa satisfación pola aprobación provisional do proxecto

Elvira Lama, foto arquivo último pleno
A alcaldesa amosa a súa satisfación pola aprobación provisional do proxecto

“A obra dos accesos é unha magnífica noticia que cambiará a imaxe de Xinzo para sempre”

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, amosa a súa satisfacción pola aprobación do proxecto de humanización das avenidas de Ourense e Madrid ao seu paso pola vila, que considera “unha magnífica noticia que cambiará a imaxe de Xinzo para sempre, o que nos debería de encher de satisfacción a todos e todas”.

Considera , que con esta actuación “Xinzo terá, ao fin, uns accesos acordes coa dimensión e importancia desta vila, algo que foi obviado durante anos”, ao tempo que lembra que “esta é unha obra demandada desde hai décadas e que despois de tan longa espera se materializará en cuestión de meses, unha vez sexa exposta ao público e adxudicada”.

236
Infografía do proxecto

“Como alcaldesa -explica Lama- a miña satisfacción é dobre, pois con esta intervención damos cumprimento a un dos meus principais compromisos electorais, pero tamén deste goberno no seu conxunto.

É unha obra de todo o pobo, que todos e todas debemos sentir como propia”.

A intervención, que supoñerá un investimento de case 4 millóns de euros, e será resultado da execución dun proxecto moi traballado e impactante, “converterá a Xinzo nunha vila máis amable, especialmente para os peóns e os ciclistas, como todos e todas poderemos apreciar no período de exposición pública”, engade Elvira Lama. Asi mesmo, amósase convencida de que “con esta actuación melloraremos o noso sentimento de pertenza a unha vila cuns accesos ata agora indecentes que todos e todas vemos que non están á altura do que somos nin do que merecemos”.

Por último, a alcaldesa colectiviza o éxito da aprobación da humanización dos aceso a Xinzo trasladando “parabéns a toda a veciñanza por empuxarnos a loitar desde o Concello por conseguir que esta obra, que é unha anhelo colectivo, se faga realidade, pero tamén ao Goberno de España por entender que era de xustiza e por aprobala nun tempo récord, como acaba de facer”.