Peche de rúas en Xinzo este fin de semana

A rúa San Roque, que conecta a Praza Maior co Parque do Toural, en Xinzo de Limia. | FOTO: Luis Veloso.
Peche de rúas en Xinzo este fin de semana
Dende mañá ata o martes ás 7:00 procederase a pechar as rúas con máis afluencia de persoas

De cara á fin de semana, procederase a pechar algunhas das rúas con mais afluencia de persoas. O obxectivo é favorecer a seguridade vial e a mobilidade peonil nestes días. As rúas que se pecharán serán: a Rúa Lepanto, a Rúa San Roque e a Rúa da Igrexa.

Daquela, nestas xornadas estará restrinxido o tráfico desde o sábado ás 13:00 ata o martes as 7:00. Infórmase aos veciños que as persoas que precisen entrar ou sair poden chamar a Polícia Local no número 626998060.