Rubén Diz pon ao Pleno en pé

Entrega Rubén Diz 1
Rubén Diz pon ao Pleno en pé
O atleta limiao recibiu esta maña unha placa de recoñecemento a toda a súa carreira, e o escudo do Concello...

O atleta limiao recibiu esta maña unha placa de recoñecemento a toda a súa carreira, e o escudo do Concello que tamén lle abriu un expediente de honra

REDACCIÓN

O atleta máis prolífico da Limia, Rubén Diz quen hai apenas uns meses se erixía coma o galego máis rápido na proba dos 10.000 metros, recibía esta mañá de mans do alcalde Antonio Pérez,unha placa en recoñecemento aos seus méritos como deportista. Fíxoselle entrega tamén do escudo do Concello, onde por unanimidade se lle concedeu a apertura dun expediente de honra.

Antes de recibir a ovación de todos os presentes e con todos os grupos políticos en pé, Rubén Diz deixou a súa pegada no libro de honra do Concello de Xinzo: “Moitas grazas a corporación e ao pobo de Xinzo por esta distinción, e en especial á miña familia”.